domingo, 13 de marzo de 2011

Un dia de verán con Noa

Era unha calorosa mañá de finais do mes de agosto, os raios do sol entraban pola fiestra e acariñaban os rizos dourados de Noa, na pequena cama da casa da avoa os seus ollos do cor da mel abríronse e nun pis pas estaba a pé, lista para gozar do verán. 
 
Noa era unha rapaciña moi traste, non paraba quieta nin un segundo, a avoa sabia que cando ela ia a casa da aldea poñia todo patas arriba, pero dicia que cando Noa chegaba todo tiña unha cor diferente, quizais foxe porque sempre ia cunhas botas de auga  de cor vermella con raias brancas que lle mercara o seu pai o inverno pasado ou porque nunca saia da habitación sen a súa boa de plumas a xogo, fixera frío ou calor, chovera ou resplandecera o sol, foxe verán ou inverno.

Para Noa a hora do almorzo sempre era longa, dicía que non podía esperar mais para ir xogar, que xa perdera moito tempo durmindo e corría a redor da mesa, brincaba entre as cadeiras, perseguía a avoa mentres lle preparaba o almorzo. As veces axudaba a avoa a facer o zume de laranxa e as tostadas pero case sempre acababa enchendo a mesa de  migallas e manchándose de manteiga.

Despois de almorzar ia tódalas  mañas o galiñeiro,ela dicíalle a avoa que lle gustaba ver cantar o galo pero o que mais lle gustaba era correr tralas pitas e  coller os poliños no colo. Así  pasaba a maña no galiñeiro botáballe millo e cambiáballe a auga as pitas e  poliños e mofábase do galo imitándoo cando cantaba.

Despois de comer ia brincando ata beira do río que baixa xunto a carballeira da casa da aldea, cando tiña moita calor bañábase nel e para secarse corría tralas bolboretas e cabaliños do demo, as veces imaxinaba que tiña ás e podía voar con elas entre as polas das arbores da carballeira.

 Logo collía saltóns e ensináballos a Moura, una gatiña negra que sempre ia tras ela, as dúas brincaban seguíndoos e cando cansaban sentábanse na pedra do elefante, ese nome puxérallo seu pai cando era pequeno, el dicía que a forma da pedra semellaba un elefante. Noa sempre subía nela e asustaba a moura imitando o son do elefante, moura escapaba e ela ríase as gargalladas, logo pensaba no bonito que seria ir a África e ver os elefantes, xa os vira no zoolóxico cando o seu pai a levou a Madrid pero non era o mesmo.

Cando comezaba a escurecer o dia e  se achegaba a hora de cear a avoa chamábaa e ela subía polo camiño da carballeira , moura corría tras ela e o chegar a cociña sentábase no chan a carón da mesa mentres Noa ceaba esperando pola súa cunca de leite.

O acabar as dúas ían para a cama e moura aniñábase os seus pes,cando todos estaban xa na cama a casa  enchíase de silencio e só se oía como cantaban  os grilos, cando non podía durmir pola calor escoitábaos mentres pensaba  nas pequenas trasnadas que faría o dia seguinte  e sempre acababa quedando durmida.

1 comentario:

  1. Ainssss, que trasto esta Noa. ¿En quen pensarías ti a hora de imaxinar a esta nena? jajajaj...

    Moi bonito! Bicos!

    ResponderEliminar